O PSOE de Ribeira solicita a incorporación de oito camiños públicos ao Inventario Municipal de Bens e Dereitos

30 Decembro 2021

O PSOE de Ribeira compartiu unha instancia presentada no Concello de Ribeira na que se inclúe unha relación de oito camiños do municipio que non figuran inventariados, para que, previa comprobación da súa natureza pública, sexan incorporados ao Catálogo do Inventario Municipal de Bens e Dereitos, “co obxectivo de favorecer o uso, desfrute, dominio xeral e conservación destes Camiños Públicos”, sinalou o grupo socialista.

O PSdG de Ribeira lembrou tamén que “son xa 194 os bens e elementos solicitados e presentados polo noso Grupo Municipal dende a súa aprobación na anterior lexislatura, co fin de ter un Catálogo do Inventario que sexa un fiel reflexo da realidade física do no municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.