O Museo do Gravado inaugura o día 10 unha mostra que homenaxea a Rosalía de Castro e a Álvaro Paradela

03 Decembro 2021

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar o vindeiro 10 de decembro unha importante mostra artístico-literaria que homenaxea aos escritores Rosalía de Castro e Álvaro Paradela. A cita será ás 20.30 horas na Sala 0 do centro artístico emprazado na parroquia de Artes.

A exposición consta de 26 gravados á pluma orixinais inspiradas na obra Follas novas, de Rosalía de Castro e no conto Rosa de Laíño, de Álvaro Paradela. Acompaña a exposición a edición do libro-catálogo, Rosalía de Castro – Álvaro Paradela. Gravado á pluma, con reproducións dunha escolma de textos de Follas novas e a reprodución facsimilar da obra Dous contos, de Álvaro Paradela, ilustrada cos gravados da exposición.

O acto realizarase respectando todas as medidas sanitarias de prevención contra a COVID-19 e para o cal se debe facer reserva para asistir no teléfono 981 871 342 ou no correo electrónico fundartes@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.