“O mar e Galicia perden un dos seus máis grandes valores”. Antón Luaces

16 Decembro 2021

Certamente, os anos non perdoan. Máis non é menos certo que hai persoas que, polo seu valor intrínseco, deberían seguir vivas se non eternamente, sí moitos anos máis dos que tiñan acreditado na cédula de identidade.

É o caso dun galego que, polos seus feitos, pode ser cualificado de universal: Víctor Moro Rodríguez, finado este mércores na súa casa de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona, aos 95 anos de idade.Chamado a ser a firme columna que podía manter en pé á Galicia que se desmembraba como consecuencia, primeiro do franquismo e, finado Franco na cama dun hospital, na loita política por ocupar en lugar ao sol da democracia que chegaba.

Nesta democracia, os galegos descubrimos a figura imponente dun home nacido en Ribadeo no ano 1926. Economista e exdirector do Banco de España en Cataluña, Víctor Moro Rodríguez ocupo, entre outras responsabilidades ou cargos a de técnico do Banco de España (1948), interventor deste banco (1960), director xeral de Pescanova (1962), director xeral de Pesca Marítima do Ministerio de Comercio (1975), deputado por Pontevedra (1977), subsecretario de Pesca e Mariña Mesrcante do Ministgerio de Transportes e Comunicacións (1977-78), director do Banco de España en Barcelona (1980) e dubdirector xeral do Banco de España (I1989). No momento do seu pasamento estaba xubilado.Atrás quedan os tempos de colaboración sobre temas económicos e desenvolvemento de Galicia, a súa entrega como conselleiro de Polipropileno de Galicvias, S.A., en Ferrol; conselleiro de Unión Fenosa. en Madrid, e conselleiro da Corporación Alimentaria Vima, de Vigo.

A súa pasión foi sempre, Galicia. Por ela, pola súa evolución política e económica, traballou arreo. Mais a súa andaina vital arrincou no Banco de España onde, en calidade de técnico, entrou no ano 1948. No eido económico e empresarial privado andou con bo paso ata que Calvo Sotelo o encamiñou nun sector que, nen moito menos, pasaba daquela polos seus millores momentos: a pesca. Aquí, nun goberno presidido por Adolfo Suárez, asumiu a dirección da Pesca Marítima onde loitou o indicible -non sempre con sorte- para situar a Galicia no  plano que, como rexión pesqueira europea, lle correspondía. Foi un tempo de grandes complicacións, complexo, porque aínda tendo en conta o que Galicia era en materia pesqueira, oficialmente non se lle recoñecía tal status. Sabíano ben dous países eminentemente pesqueiros como eran -e son aínda- Noruega e Canadá, cos que asinou senllos convenios que permitiron que o sector amosara ao mundo a súa indubidable valía e capacidade organizativa. Na loita de Víctor Moro por  ese recoñecemento de Galicia e España no eido pesqueiro, foi recoñecido el mesmo ata o estremo de se gañar o calificativo de “Marco Polo da pesca”. Político e pragmático optou polo carreiro máis difícil na política española e galega: en 1977 foi elixido deputado no Congreso por Pontevedra, na candidatura de UCD. Dous anos máis tarde abandonaba a política nacional para se  mergullar na que da máis serios trompicóns -como poido comprobar-: a política municipal, encabezando a candidatura da UCD á alcaldía de Vigo. Non a  gañou, malia sí ter acadada a vitoria co 30,19% dos votos emitidos. Un pacto da esquerda situou ao socialista Manolo Soto (compañeiro Soto), có 26,30% dos votos, como alcalde-presidente do concello vigués.

Pouco tempo durou Moro na política municipal, xa que logo volveu ao principio da súa vida profesional: o Banco de España. E de aquí, ao pouco e nas ringleiras do nacionalismo centrista que significaba daquela Coalición Galega, tentar dar resposta a todos aqueles que o consideraban a “esperanza branca” que poría remate aos partidos tradicionais, nomeadamente ao que quedaba de UCD, ao PP e ao PSOE, con atención particular ao BNG.

O nacionalismo que significaba Coalición Galega levouno a considerar , a manter en pe, que “o galeguismo auténtico ten como obxectivo o progreso económico, social e cultural de Galicia, a vixencia da súa identidade e, sobor de todo, non subordinar xamáis os intereses xerais do pobo galego ao mantemento das poltronas persoais ou as esixencias partidarias coxunturais”.  Unha pasión políticas a de Víctor Moro que o meteu de cheo na  historia de Galicia, que sempre adorou.

Nesa súa traxectoria vital, Víctgor Moro recibiu a Orde do Mérito Constitucional, a Placa e Banda ao Mérito Cooperativo do Mar, a Cruz do Mérito Naval, a Creu de Sant Jordi, e o premio “Fernández Latorre concedido polo seu traballo “O espolio enerxético de Galicia”, que lembramos xusto nun momento no que Galicia, os galegos, denuncian os movementos das empresas eléctricas para sementar os montes e o mar de Galicia con parques eólicos de dubidosos beneficios para o País.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiadosescondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho demorto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na queti ou todos...