O Concello de Ribeira premiará os escaparates, locais hostaleiros e vivendas mellor engalanadas no Nadal

07 Decembro 2021

Co Concello de Ribeira convocou a edición 2021-2022 do seu Concurso de Embelecemento de Nadal. Terá tres modalidades: decoración de escaparates, decoración de locais hostaleiros e decoración de fachadas, balcóns e xardíns.

Trátase dunha actividade promovida polo Concello de Ribeira dende as áreas de Cultura e Comercio co obxectivo duplo de poñer en valor e incentivar a participación do tecido económico da cidade (hostalería e comercio) nas celebracións de Nadal mediante a creación a decoración realizada nestes establecementos así como “promover e premiar o embelecemento das fachadas, balcóns e xardíns nas vivendas do municipio”.

Respecto da modalidade “hostaleira”, poderá participar calquera local que radiquen no municipio de Ribeira. Os establecementos participantes deberán estar decorados como data límite o domingo 19 de decembro de 2021 e manterse ata o 6 de xaneiro de 2022 (ambos os dous incluídos). A fotografía da decoración e a ficha de participación cuberta deberán enviarse do 13 ao 20 de decembro de 2021 ao enderezo electrónico turismo@ribeira.gal e todas as imaxes participantes publicaranse no perfil de EntérateCulturaFestexos no Facebook do 21 ao 23 de decembro para que sexan votadas polo público.

As tres decoracións que máis gústames reciban ata o venres 7 de xaneiro ás 11:00 h serán as tres gañadoras co primeiro, segundo e terceiro premio establecidos nas bases.

Respecto da modalidade de decoración de escaparates, poderá participar calquera establecemento comercial –a excepción dos locais hostaleiros que xa teñen unha modalidade propia- que radiquen no municipio de Ribeira, enviando unha única fotografía da decoración do escaparate acompañada da ficha de participación cuberta. Os comercios participantes deberán manter decorados os escaparates como data límite o domingo 19 de decembro de 2021 e manterse ata o 6 de xaneiro de 2022 (ambos os dous incluídos). A fotografía do escaparate e a ficha de participación cuberta deberán enviarse do do 13 ao 20 de decembro de 2021 ao enderezo electrónico turismo@ribeira.gal e todas as imaxes participantes publicaranse no perfil de EntérateCulturaFestexos no Facebook do 21 ao 23 de decembro para que sexan votadas polo público.

As tres decoracións que máis votos reciban ata o venres 7 de xaneiro ás 11:00 h serán as tres gañadoras co primeiro, segundo e terceiro premio establecidos nestas bases.

No que atinxe á categoría de fachadas, balcóns e xardíns, poderá participar calquera persoa empadroada no municipio de xeito individual ou colectivo, maior de idade, cunha participación por persoa/colectivo e enviando unha única fotografía do traballo acompañada da ficha de participación cuberta. As creacións deberán estar realizadas como data límite o domingo 19 de decembro de 2021 e expostas ata o 6 de xaneiro de 2022 (ambos os dous incluídos) cuxas imaxes deberán enviarse do 13 ao 20 de decembro de 2021 ao enderezo electrónico culturaefestexos@ribeira.gal publicando no perfil de EntérateCulturaFestexos no Facebook todas as imaxes participantes do 21 ao 23 de decembro para que sexan votadas polo público.

As tres decoracións que máis gústame reciban ata o venres 7 de xaneiro ás 11:00 h serán as tres gañadoras co primeiro, segundo e terceiro premio establecidos nestas bases.

Premios e dotación económica

O concurso estará dotado dun total de 1.200,00 €.

Para a modalidade de decoración hostaleira establécense tres premios:

1º premio: 300 €

2º premio: 200 €

3º premio: 100 €

Para a modalidade de decoración de escaparates de comercios establécense tres premios:

1º premio: 300 €

2º premio: 200 €

3º premio: 100 €

Modalidade de decoración de fachadas, balcóns e xardíns:

O concurso estará dotado dun total de 600,00 €, establecéndose tres premios:

1º premio: 300 €

2º premio: 200 €

3º premio: 100 €

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...