O Concello de Boiro ofrece ás persoas desempregadas dúas formacións para o ámbito da hostalería

03 Decembro 2021

O Concello de Boiro ofrece formación en Operacións básicas de cociña e Operacións básicas de restaurante e bar, correspondentes ao plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD). O prazo de inscrición nos cursos está aberto e pode facerse a través do servizo de Orientación Laboral.

As dúas formacións ofertadas son de nivel 1 e están dirixidas a persoas traballadoras desempregadas. A finais de decembro comeza o de Operacións básicas de cociña, de 368 horas de duración, que inclúe módulos de formación transversal para a integración laboral, a sensibilización ambiental e a igualdade de xénero e oportunidades entre homes e mulleres, así como un módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas.

O número máximo de prazas ofertadas é de 15 e para participar é preciso estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Toda a información sobre os cursos AFD no departamento de Orientación Laboral, de xeito presencial, no teléfono 981 84 26 09 ou no enderezo electrónico orientacion.laboral@boiro.org.

O Concello de Boiro ofrece estas accións formativas para persoas desempregadas ao abeiro dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para accións formativas do Plan Formativo para o Emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.