O Concello de Boiro desenvolve unha nova edición do Programa Integrado de Emprego

22 Decembro 2021

O Concello de Boiro vén de poñer en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para a anualidade 2021-2022. Trátase dun programa formativo, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia mediante fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, dirixido a 100 mulleres desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.

Unha das actividades formativas desenvolvidas na edición 2020-2021 do programa PIE

O Goberno boirense lembrou que o programa desenvolverase por terceiro ano consecutivo, sendo o obxectivo ofrecer ás participantes accións formativas que lles axuden a atopar unha saída profesional adaptada aos seus obxectivos individuais. A duración do programa é de 12 meses e vaise desenvolver no Viveiro de Empresas e Centro de Formación situado en Espiñeira.

O Programa Integrado de Emprego 2021-2022 conta con módulos formativos en hostalería e restauración; en administración e finanzas e en industria alimentaria, podendo escoller as asistentes o que mellor se adapte ás súas inquedanzas. Ademais da formación específica, o plan conta tamén con módulos transversais orientados á inserción laboral e mellora das habilidades necesarias para o emprego.

As persoas participantes recibirán unha bolsa de asistencia, consistente nunha axuda de 7 euros por día pola asistencia ás diferentes accións do programa. Para fomentar a conciliación e favorecer a participación no Programa vaise levar a cabo unha aposta polo uso das novas tecnoloxías combinando a formación presencial coa online para favorecer a conciliación laboral e familiar.

As persoas interesadas en participar no programa deben inscribirse como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar que se lle asigne o código 930. Para máis información poden contactar directamente coa dirección do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro nos teléfonos 689 247 963 e 950 042 409 ou no enderezo electrónico orientadorapie@boiro.gal

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...