O Concello de Boiro desenvolve no Nadal un escape room para a mocidade

21 Decembro 2021

O Concello de Boiro, mediante a área de Cultura, desenvolve durante o Nadal unha actividade de escape room destinada ao público infantil e familiar e á mocidade. A actividade vai ter lugar os días 27, 28, 29 e 30 de decembro no local Leñaverde do Centro Social de Boiro con quendas de 10 persoas e sesións para diferentes públicos.

O horario da actividade será en quenda de 17.00 a 18.00 horas para familias e nenos e nenas de 8 a 12 anos (acompañados dun adulto) e de 20.00 a 21.00 horas quenda para mozos e mozas. No acceso habilitarase un punto de recollida de alimentos non perecedoiros para colaborar coa iniciativa solidaria que desenvolve o grupo de voluntariado Turbina.

O máximo de xogadores por quenda é de 10, polo que se require inscrición previa a través dos formularios habilitados na web municipal, www.boiro.gal. Para o acceso é preciso presentar o certificado de vacinación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...