O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a contratación e formación de bolsa de emprego de orientado/a laboral para o Programa Integrado de Emprego 2021-2022. O prazo de presentación de solicitudes comeza este martes 28 de decembro e será de 5 días hábiles.
O procedemento ten como finalidade “a cobertura con carácter laboral temporal dun posto de orientador/a laboral e a creación dunha bolsa na que se incluirán as persoas aspirantes”. O Concello explica que o contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal por obra ou servizo para desenvolver as tarefas de orientación laboral enmarcadas no Programa Integrado de Emprego 2021-2022.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e as persoas candidatas deben reunir unha serie de requisitos esixíbeis para o acceso ao emprego público e tamén estar en posesión do título oficial ou de grao; así como un certificado que acredite o CELGA 4 ou equivalente.
O prazo de presentación de solicitudes comeza este martes 28 de decembro e será de 5 días hábiles, polo que estará aberto ata o vindeiro martes 4 de decembro. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. As bases e toda a información está a disposición das persoas interesadas na web municipal.