O Concello da Pobra protexe de filtracións a cuberta da Torre de Bermúdez

29 Decembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal fixo balance dos recentes traballos de urxencia dirixidos á conservación da Torre de Bermúdez, sede do Museo Valle-Inclán e Monumento Histórico-Artístico Nacional, amais de Ben de Interese Cultural (BIC). Segundo fixo saber o Goberno local, levouse a cabo unha intervención focalizada na cuberta da Torre de Bermúdez.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), explicaron que os traballos centralizáronse na cuberta do torreón propiamente dito “para evitar filtracións”, polo cal leváronse a cabo traballos de retirada da vexetación existente e substitución das tellas desprendidas e rotas.

A dita actuación foi executada por Constrios S.L., por un importe de 5 687 euros, IVE incluído.

Anunciaron, ademais, a previsión de que as tarefas prosigan en 2022 na cuberta da zona expositiva anexa á torre.

Tamén indicaron que dende a Administración local estase a estudar un convenio coa Consellería da Cultura que contempla a restauración de tódalas fachadas e a recuperación da pedra do inmóbel. Neste senso, trasladaron o compromiso por parte do Concello para protexer o patrimonio público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.