O Concello de Boiro, mediante un convenio coa Secretaría Xeral para o deporte, realizou a adquisición de equipamento para o acondicionamento do Club de Remo de Cabo de Cruz. O importe total das actuacións é de 96.287,94 euros e, con elas, estase a dotar de material e mobiliario a todas as estancias do inmoble.
O proxecto para a dotación de mobiliario contempla o equipamento específico para os vestiarios, con bancos e armarios persoais (taquillas); equipamento para as oficinas e aula de formación da instalación, con mobiliario, mesas e cadeiras; e tamén mobiliario específico deportivo.
O convenio, que ten como obxecto a adquisición do material necesarios para o equipamento do club de remo atendendo ás necesidades dos remeiros, conta cunha achega do Concello de Boiro de 38.518,18 euros.
