O comité coloca cruces na autovía de Noia contra o peche da planta de residuos de Lousame

21 Decembro 2021

O comité de empresa colocou cruces xunto á autovía a Noia para denunciar a “morte” da planta de residuos de Lousame e co obxectivo de esixir un plan que garanta a súa continuidade tras 2023.
A representación sindical explicou que se tentou conseguir permiso para levar adiante a protesta sen obterse unha resposta, polo que se decidiu continuar esta acción “pacífica e sen impacto no tránsito”, segundo recolleu CIG nun comunicado.
Colocáronse 22 cruces en representación dos membros do comité de empresa e os seus familiares, aínda que se busca alcanzar as 500 nos próximos días polos 170 traballadores directos, os das auxiliares e os seus achegados.

Desde o Comité advertiron que se non se permite continuar a súa acción reivindicativa, intensificaran as medidas de presión mesmo con cortes na circulación da autovía.

O comité colocou cruces na autovía a Noia para denunciar a “morte” da planta de residuos de Lousame. R

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...