O Cidade de Ribeira gaña e colócase líder en solitario

10 Decembro 2021

O Cidade de Ribeira segue de doce. Onte a pesares de ser festivo, a Primeira Autonómica non descansou, e aos de Santa Uxía tocoulles visitar a un Agolada que marchaba penúltimo con 4 puntos. Os de Moreno viñan logo de vencer ao Flavia 2-1 na casa pero sabían que non se ían atopar un rival fácil na súa visita a Deza a pesares da súa táboa clasificatoria. E así foi, nun partido frío e condicionado polo agotamento físico de xogar 3 partidos en unha semana, provocou que non fora o mellor partido para o espectador. E tivo que ser pouco antes do descanso, no minuto 32 cando un centro de Anthony remataría co gol en propia meta de Joel, o que suporía o único tanto do encontro.

Na segunda metade o Agolada intentouno, pero os de Santa Uxía defendéronse como gato panza arriba para sumar o seu quinto triunfo consecutivo. Con este triunfo o Cidade de ribeira sitúase líder en solitario con 20 puntos. Este domingo remata a primeira volta fronte ao Esclavitud.

Doutra banda o Unión deixou escapar unha vitoria que tiña no peto na primeira metade, cos tantos de Sergio Nieto e Víctor Lorenzo. Sen embargo, un mal arranque do segundo tempo permitiu ao Cruces igualar a contenda cos tantos de Bruno López e Manuel García que puxeron o definitvo 2-2. Con este empate o Unión marcha quinto na táboa con 15 puntos.

O Taragoña pola súa parte rematará a primeira volta sen saber o que é gañar logo de empatar na súa visita ao Esclavitud, un rival directo. E iso que o tanto de Manuel Gozález no 45 permitiu adiantarse no marcador aos de Rianxo, pero o ribeirense Aitor Fernández empatou o partido a falta de 15 minutos para o Esclavitud. Con este empate o Taragoña colócase na última posición con 4 puntos.

No grupo da Costa os resultados tampouco foron favorables. O volantes de Baño perdeu na casa fronte a un dos candidatos ao ascenso, o Tordoia por 0-2. Sétimo é o posto que ocupan os de Muros con 6 puntos. Este domingo reciben ao Soneira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...