O ciclo Historias de ida e Volta homenaxea o espírito solidario da emigración galega en Cuba

31 Decembro 2021

Con motivo do 150 aniversario (este 31 de decembro) da creación da Sociedade de Beneficencia de Naturales de Galicia (SBNG), centro creado en Cuba para atender aos emigrantes galegos que tiñan problemas de saúde ou de traballo, o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración achegaron na Rede un especial que documenta a traxectoria deste histórico centro. Fixérono a través do ciclo de especiais dixitais Historias de ida e volta, iniciativa do Arquivo do Emigración CCG co apoio da Secretaría Xeral.

Segundo se fai saber no especial, a orixe da sociedade cómpre rastrexala no último terzo do século XIX, coincidindo co medre da colectividade galega presente na illa de Cuba. Neste contexto, un pequeno grupo de emigrantes de gran renome crearon a devandita entidade social para atender a aqueles emigrantes que tiñan problemas de saúde ou falta de traballo e recursos económicos. Naceu o 31 de decembro de 1871 e nos seus estatutos definiuse como “unha institución benéfica, caritativa, protectora e asistencial, con tres prioridades básicas: socorrer con doazóns mensuais os paisanos galegos desvalidos e que estaban sen traballo, facilitarlles asistencia sanitaria en caso de enfermidade e asumir a repatriación para os que tivesen que retornar”.

Neste especial en liña ponde verse documentos que contribúen a entender a importancia que tivo este centro. Exhíbense, entre outros rexistros, a acta fundacional desta entidade, un carné de socio, ou un rexistro de socorros. Un listado de socios numerados que percibían axudas económicas pola súa difícil situación, moitos deles hospitalizados na Benéfica do Centro Galego.

Historias de ida e volta

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, mantén o especial Historias de ida e volta para dar a coñecer materiais que documentan o fenómeno migratorio. En catorce especiais documentáronse os procesos de saída, chegada, a vida social e cultural… diferentes procesos para explicar todo o ciclo migratorio a partir dos materiais que custodia o Arquivo da Emigración Galega.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.