O BNG pide á conselleira do Mar que medie no conflito entre bateeiros e percebeiros

22 Decembro 2021

A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez interpelou hoxe á conselleira do Mar co fin de acadar un compromiso da consellería para mediarante o conflito entre bateeiros e percebeiros pola recollida de “mexilla” de “maneira ilegal e fora de campaña”.

Para a deputada, as actuais condicións poden conducir a “graves incidentes” entre ambos sectores e a consellería do Mar ten a “responsabilidade de mediar” na procura de recuperar o entendemento que ambos mantiveron  durante moitos anos.

A nacionalista explicou que  nos últimos 10 anos, o sector pesqueiro galego perdeu máis de 500 embarcacións,  afiliación á Seguridade Social no réxime da pesca e acuicultura, experimentou unha caída  dun 20% dende 2009 e no marisqueo pasou de 4.755 permisos  a pé a  menos de 3.700 na actualidade.

Os  datos do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galiza tamén   constatan que en 2020,  detectáronse 249 vertidos contaminantes ás rías galegas e no 2021 (só ata setembro) 265, superando os detectados durante todo o ano  2020. Os datos “gritan a voces o que a Xunta cala e oculta”, afirmou a nacionalista e demostran que  as actuacións do Goberno galego en saneamento e depuración son totalmente “insuficientes” e,   a produción pesqueira, marisqueira e mexilloeira está a sufrir cada vez maiores consecuencias.

Pois ben, neste contexto, dixo Rosana Pérez,  a Consellaría do Mar permítese aínda o luxo de levar ata as últimas consecuencias aquela máxima de M. Rajoy de “ás veces a mellor decisión é non tomar ningunha decisión, que tamén é unha decisión”, criticou a deputada.

Todas estas decisións, recalcou a deputada, “son exclusiva e unicamente súas” porque a  extracción da mexilla é da súa competencia, das poucas que ten e  agora temos  claro porque  levan vostedes 12 anos sen solicitar ningunha competencia , “porque cando a teñen, non queren xestionalas nin teñen a quen botarlle as culpas da súa mala xestión”.

Durante  12 anos, reiterou Rosana Pérez,  houbo conflitos entre  bateeiros e  percebeiros, na maioría dos casos  enfrontamentos puntuais pero no ano 2000 o PP decidiu por en marcha unha normativa para regular a extracción da semente en bancos naturais que acompañaron dun decreto no ano 2019 “sen consenso nin diálogo con ninguén”.

A deputada  aludiu ao punto que realmente crea o conflito “os plans de xestión de percebe poderán reservar zonas para a extracción de semente de mexillón”. Un punto, subliñou,  que nin sequera é imprescindíbel que figure deste xeito.

Despois de meses sen acordos, sen máis miramentos e apremada polas tensións que viña habendo entre os sectores, a Consellaría dicta unha Resolución na que modifica as zonas de extracción da semente do mexillón e o 29 de novembro (o 1 de decembro comeza a campaña) convoca á Mesa do Mexillón e preséntalle os mapas e a zonificación que viña de facer de xeito unilateral, causando, evidentemente, un grandísimo mal estar que a Consellaría segue sen querer xestionar.

A situación agrávase cando na  reunión da  semana pasada co sector mexilloeiro non houbo posibilidade algunha case nin de falar.

Nestes momentos, o deterioro da situación, fomentada pola propia Consellaría, esta derivando  “nunha recollida de mexilla totalmente ilegal e fóra de campaña” que fai necesario reconducir o conflito. Dende o  BNG recoñecemos que a tarefa non é sinxela,  e tamén recoñecemos que neste país non estamos en condicións de perder un só posto de traballo nin de eliminar ningún sector do mapa porque o sector mexilloeiro galego é punteiro. Pola súa parte, a  Xunta subvencionou proxectos, con millóns de euros, cuxo obxectivo era buscar alternativas á produción da mexilla fóra do medio natural. “Proxectos dos que non sabemos os seus resultados, proxectos que a Xunta non impulsa suficientemente e coa conciencia de que son, e serán aínda máis no futuro, unha necesidade para manter a un sector tan potente”.

A parlamentaria do BNG volveu a reclamar “un compromiso” da Consellería do Mar para achegar posturas entre o sector e mediar nun conflito que, ao seu xuízo,  non pode seguir demorándose no tempo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...