O Belén de Boiro, con figuras de Carlos Nieto, pode visitarse até o 5 de xaneiro

26 Decembro 2021

O Concello de Boiro conta un ano máis co Belén Municipal de Nadal, elaborado polo artesán e experto en maquetas Carlos Nieto. Este histórico e sobranceiro nacemento comezou a realizarse en 2014 e na actualidade conta con tres dioramas que representan tres escenarios distintos: Pedindo pousada, Nacemento e Fuxida a Exipto. 

Toda a maqueta está elaborada de maneira artesanal por Calos Nieto.

As figuriñas que o compoñen, que están feitas e pintadas a man, encargadas en exclusiva para este Belén, que pode visitarse até o 6 de xaneiro no local anexo do Mercado Municipal no seguinte horario: 

-Luns a venres: de 17.00 a 21.00 horas

-Sábados, domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas

-24 e 31 de decembro: de 11.00 a 14.00 horas e de de 17.00 a 19.00 horas 

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.