Natalia Crespo gaña a primeira edición do concurso de postais do Nadal Navivolei

23 Decembro 2021

A cerimonia de entrega de premios da primeira edición do concurso de postais do Nadal Navivolei, organizado pola conserveira JEALSA e o Boiro Voleibol, celebrouse este mércores 22 de decembro no Pavillón da Cachada. No certame Natalia Crespo obtivo finalmente o primeiro posto e, desta maneira, o seu deseño será o que ilustre a postal oficial do Boiro Voleibol. Bautista García e Alba Segade completaron a lista de premiados.

Participaron na entrega dos galardóns Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA; Rafael García, xerente da Libraría El Cisne; e Alan Davila e Renan Levandoski, xogadores do Rotogal Boiro Voleibol. Todas persoas que presentaron creacións ao abeiro desta iniciativa recibiron un estoxo de produtos de JEALSA. Ademais, tamén se repartiron lotes de material escolar proporcionados pola Libraría El Cisne.

A primeira edición de Navivolei estivo dirixida a nenos e nenas menores de 15 anos. O xurado que elixiu os mellores deseños estivo composto por Adrián Alves, xogador do Rotogal Boiro Voleibol; Ana Segade, directiva do Boiro Voleibol; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.