Mercedes Barreiro presenta na Pobra o seu segundo libro “La seducción del ego”

09 Decembro 2021

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal albergará este venres, 10 de decembro, ás 20.00 horas, a presentación do segundo libro de Mercedes Barreiro, La seducción del ego.

No acto intervirán, ademais da propia autora, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a ilustradora da obra, Teresa Ramallo. Contarase tamén coa proxección dun vídeo de Pablo Sampayo e con música de Estrella Tomé.

Outros artigos

Rianxo volveu vibrar coa décima edición da súa Carreira Popular

Finalmente e coa axuda do clima, as persoas participantes, o público e por suposto a organización, a décima edición da Carreira Popular Concello de Rianxo foi un novo éxito deportivo do municipio rianxeiro e do Barbanza. Segundo confirmou o Concello, que compartiu nas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión