María Rivas enxalza o labor das entidades e a cidadanía de Ribeira contra a violencia de xénero

16 Decembro 2021

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, estivo este 16 de decembro en Ribeira para participar na primeira reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional de Loita contra a Violencia de Xénero, nun acto que contou tamén coa presenza, ao seu carón, do alcalde Manuel Ruiz.

Na xuntanza de traballo, Rivas destacou “que a creación destas mesas é fundamental xa que con elas trátase de establecer estratexias de colaboración que garantan a coordinación das actuacións das distintas administracións e servizos públicos nos labores de prevención, asistencia e persecución dos actos de violencia nos que as vítimas son mulleres”.

A mesa estivo presidida polo alcalde Manuel Ruiz e contou coa participación dunha ducia de integrantes, entre eles os representantes das administracións estatal e galega (a través da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e da secretaria territorial da Delegación Territorial da Xunta, Patricia Rodríguez), técnicos municipais de Servizos Sociais, o CIM e a UAD, membros das Policías Local e Nacional e representantes dos sectores sanitario e da educación.

Durante a reunión acordouse que a mesa teña unha periodicidade de 6 meses e tamén convidar a que se integre na mesma unha representante do Punto de Atención Familiar do Barbanza, unha vez este servizo inicie o seu funcionamento en Ribeira.

A subdelegada do Goberno salientou que no equipo local estean representadas as seguintes entidades e ámbitos de actividade: a Secretaría Xeral de Igualdade, Educación, o estamento xudicial, o SERGAS, a Policía Local, a Policía Nacional, o Centro de Información Municipal (CIM), os Servizos Sociais locais e “todos e todas coa idea de traballar na prevención e na procura coordinada de solucións e medidas”, indicou, lembrando que a loita contra a violencia machista é “unha das prioridades da Subdelegación e dentro desa liña de actuación a constitución das mesas de coordinación é un dos obxectivos principais”.

Viogén

Respecto do servizo Viogén, sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero, Rivas sinalou que desde a Subdelegación incídese na necesidade da adhesión das policías locais dos concellos ao dito servizo. María Rivas mostrouse confiada en que Ribeira poida incorporarse, á vez que destacou que en tres anos pasouse de tres concellos adheridos ao sistema Viogén a 15, quintuplicando o número. “Son datos e feitos que demostran o compromiso do Goberno na loita contra a violencia de xénero e que tamén pon de manifesto o papel que xogan os concellos nesta loita”, manifestou, para continuar enxalzando “a importancia da decisión e implicación de Ribeira e de todos aqueles concellos que se suman activamente a esta loita e por iso quero volver agradecer ao alcalde a posta en marcha da mesa de coordinación”.

Obxectivos da mesa

O obxectivo principal da mesa de Ribeira será a coordinación dos servizos e dos recursos co fin primordial de actuar na prevención da violencia machista desde “os diferentes ámbitos posíbeis”, o educativo, o sanitario, o policial, os servizos sociais, o institucional. Xunto a iso, porase en común as accións a desenvolver en materia de prevención, coordinando as actuacións nos posíbeis casos de violencia que se detecten, “aínda que nesas situacións é a mesa de coordinación policial, integrada por Policía Nacional e Policía Local, a que ten unha importancia vital”, engadiu Rivas, quen tamén aproveitou a estadía en Ribeira para visitar as instalacións da nova Comisaría da Policía Nacional. Esta visita prodúcese días despois da apertura das mesmas á cidadanía e, por conseguinte, o traslado de efectivos, funcionarios e servizos desde as vellas instalacións ás novas.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.