Marcos Lorenzo presenta Dous escritos sobre a felicidade no Centro Social de Boiro

09 Decembro 2021

A Asociación Cultural Barbantia, Edicións Embora e o Concello de Boiro organizan este venres 10 de decembro a presentación do libro Dous escritos sobre a felicidade, do escritor coruñés Marcos Lorenzo. A cita será ás 20.00 horas no Centro Social de Boiro (rúa Manuel María, 1 – Boiro). Intervirán no acto Fidel Vidal (psiquiatra e escritor), Alberto García (técnico cultural do Concello de Boiro), Marcos Lorenzo (economista e antropólogo) e María Outeiral (concelleira de Cultura de Boiro). A entrada será libre até completar a cabida da sala.

Dous escritos sobre a felicidade é, como se indica no seu título, un título sobre este particular estado de ánimo ao que tantas e tantos de nós aspiramos, e cuxa procura, nalgúns casos, tense convertido nunha auténtica obsesión (“unha obsesión que non se extingue senón que, como a enerxía, transfórmase”, segundo advirte Marcos Lorenzo). Ao mesmo tempo que nos mergulla nuns dilemas que veñen de antigo (se a felicidade hai que traballala para conseguila ou se cae sobre nós como unha sorte de fortuna ao chou) a obra abre un horizonte sobre o papel que xogamos os galegos en relación á busca incansábel da felicidade, unha procura que ten marcado dende antigo a nosa cultura e o noso xeito de ser e que nos acompañou neste “tránsito dunha sociedade con perfís tradicionais a unha nacente sociedade tardo-moderna nun reducido intervalo temporal”, engade o autor.

Marcos Lorenzo nunha imaxe de Kiko Delgado en Nós Diario

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...