Entréganse na Pobra os premios do II Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas

23 Decembro 2021

A concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), fixo entrega dos premios ás persoas gañadoras da segunda edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, concibido co obxectivo de “incentivar a participación da veciñanza na ornamentación dos seus balcóns e fachadas, ao mesmo que se contribúe a incrementar o carácter vistoso das rúas nunhas datas tan sinaladas”.

Os galardóns, entregados na xornada deste xoves 23 de decembro, consisten en cadansúas cestas do Nadal valoradas en 300 euros e compostas de produtos locais, buscándose con esta aposta polo comercio de proximidade poñer en valor as vantaxes de mercar preto da casa.

No 22 de decembro déronse a coñecer as vivendas gañadoras desta convocatoria, a cal contou coa participación de 30 fogares con representación de tódalas parroquias do termo municipal.

O xurado, constituído por representantes do tecido asociativo local e de empresas relacionadas coa ornamentación, decidiu que as distincións recaesen nunha vivenda situada no lugar da Pontenaveira (Santa María a Antiga do Caramiñal), noutra da rúa do Castelo (Santiago do Deán), nunha na Mercé (Santo Isidro de Posmarcos), nunha vivenda do lugar de Tarrío (Santa Cruz de Lesón) e noutra na rúa Areos (Santa María do Xobre).

O Concello lembra que a decoración de todos os fogares inscritos deberá permanecer ata o día 6 de xaneiro, inclusive, tal e como se estipula nas bases.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...