En Ribeira cancélase o Belén Vivinte e a Cabalgata de Reis só percorrerá a fachada marítima

30 Decembro 2021

O Concello de Ribeira emitiu un comunicado para solucionar as dúbidas da cidadanía ante a vindeira celebración da Cabalgata de Reis, fixada como todos os anos para o 5 de xaneiro. Ante a situación xerada novamente pola COVID, que se agravou nos últimos días, dende o Consistorio fixéronse unha serie de cambios para garantir a seguridade da veciñanza e compatibilizar as medidas estritas de control co desenvolvemento da actividade.

Como puntos máis destacábeis, cancélase o Belén Vivinte que se ía celebrar nos soportais da Casa do Concello e múdase de xeito drástico o itinerario da comitiva dos Reis en Ribeira, que só circulará pola fachada marítima. Como elemento extra de seguridade, retransmitirase o evento a través da Internet.

O Goberno local comparte o plan de seguridade na seguinte listaxe de puntos:

  • Mantense a circulación do Bus Real polas parroquias cos Reis Magos a bordo nas horas previas á Cabalgata conforme ao horario xa comunicado no ánimo de evitar unha presenza masiva de rapaces na Cabalgata da tarde .
  • Anúlase o Belén Vivinte que se ía celebrar ás seis da tarde nos soportais da Casa do Concello.
  • A Cabalgata cambia drasticamente o seu percorrido. Unicamente circulará pola fachada marítima, saíndo ás seis da tarde dende o recheo de Malecón e movéndose en dirección as Carolinas (pasando por diante de García Bayón) e volta ata o Malecón, onde os Reis Magos pronunciarán unhas palabras por megafonía.
  • Recoméndase encarecidamente no moverse dun único punto e procurando gardar a distancia interpersoal con outras unidades familiares presentes.
  • Non se arroxarán caramelos e redúcese o número de persoas que irán en cada carroza.
  • Suspéndese a tradicional recepción aos nenos e nenas posterior á Cabalgata.
  • O evento será retransmitido por streaming no ánimo de que o poidan presenciar tanto os veciños que permanecen confinados como aqueles que opten por velo dende a súa casa.

Nos próximos días o Concello informará de novos detalles da celebración, que “pode sufrir variacións sobre o aquí comunicado en función da situación”.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.