En Ribeira ata o 14 de xaneiro para presentar solicitudes para bolsas deportivas do Concello

23 Decembro 2021

Tal e como se anuncia no BOP abrese o prazo de presentación de solicitudes para aspitar a obter becas como deportistas individuais do Concello de Ribeira.
A tal efecto, cóntase conha partida orzamentaria de 9.000 euros, cunha contía máxima de 1.000 euros por bolsa.
Son potenciais destinatarios os deportistas que reúnan as seguintes condicións:
 Ter condición de deportista na práctica dalgún deporte olímpico (aínda que atendendo á especial importancia dun feito deportivo poderá valorarse a inclusión nestas bolsas de deportistas practicantes de deportes non olímpicos.).
 Nacer no Concello de Ribeira e/ou estar empadroado no Concello de Ribeira, cunha antigüidade mínima de tres anos desde a data de publicación do extracto da convocatoria no boletín oficial da provincia.
 Ter licenza federativa en vigor no momento de realizar a solicitude de bolsa, expedida pola Federación Deportiva
correspondente.
 Estar ao corrente das obrigacións fiscais co Concello de Ribeira, así como das obrigacións coa Axencia Tributaria e a
Seguridade Social.
O prazo para formular as solicitudes é de 15 días hábiles (finaliza o 14 de xaneiro). Débense presentar no rexistro xeral do Concello.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.