Dodro comeza este 10 de decembro as celebracións da gran festa literaria do seu Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

10 Decembro 2021

O Concello de Dodro vén de informar de que este ano poderase ver en directo, por vez primeira e a través da canle de Youtube municipal, a entrega do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. As actividades relacionadas coa conclusión desta convocatoria desenvolverase en dúas quendas: este venres 10 de decembro e o sábado 11.

Respecto do programa do venres, comezará ás 20.00 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, coa presentación da obra Urda, de Quico Valeiras, gañador do premio da convocatoria 2020. Complementarase o espectáculo de Aldaolado (as poetas Lucía Aldao e María Lado) Epístola de Aldaolado ás neofalantes. Trátase dunha actividade pertencente á Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.

Ao día seguinte, 11 de decembro, as actividades comezarán ás 17.30 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Incluirase a entrega oficial do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón á escritora Inma López Silva, que se impuxo este ano coa obra Clepsidras. Ao remate celebrarase un ágape para as persoas que asistan.

Haberá servizos de autobuses polas aldeas para as dúas xornadas de celebración literaria en Dodro, tal e como podemos ver explicado dende o Facebook do Concello.

O certame

O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que leva o nome (a xeito de homenaxe) do destacado poeta local, finado en 1986, autor de obras tan memorábeis como Os días olvidados e A morte presentida, constitúe cos seus 34 anos de vida un exemplo de resistencia literaria e reivindicación do talento das nosas escritoras e escritores, sendo máis meritoria a súa supervivencia nun contexto marcado pola pandemia de COVID e, tamén, pola falta de recursos económicos que adoita cebarse con este tipo de iniciativas.

O certame vén da man do Concello e da Deputación da Coruña.

Mini Premio

Amais de todo o devandito, o Concello de Dodro comunicou a concesión do Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón: Concurso Literario a María Rodríguez Romero pola súa obra O mundo dos soños. Na acta o xurado salienta “a simbiose da linguaxe visual e o discurso literario que amosa o traballo, o dominio tanto do ritmo do relato como do uso dos silencios, o control da luz e as referencias ao espazo escénico de Dodro (Tarrío), a Rosalía de Castro e a súa obra e a Eusebio Lorenzo Baleirón e a súa obra”.

A entrega deste premio, como avanzamos os días pasados, será este sábado 11 de decembro, ás 17.30 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

O Concello de Dodro agradeceu a participación da mocidade no marco deste certame e convida as mozas e mozos a seguir creando e expresándose de xeito artístico e literario na nosa lingua.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.