Dodro prepara os actos programados do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

07 Decembro 2021

O Concello de Dodro prepara os actos programados no marco do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un referente da escena literaria e da creación lírica en lingua galega que rende homenaxe ao poeta de Dodro e que, cun percorrido de 34 anos de vida, constitúe un dos certames poéticos máis antigos de Galicia.
A celebración comezará o venres 10 de decembro, ás 20.00 horas, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón coa presentación de “Urda” de Quico Valeiras, obra gañadora no ano 2020. A continuación o público desfrutará coa proposta artística de poesía escénica ”Epístola ás neofalantes” do dúo Aldaolado, espectáculo incluído na Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.
O sábado 11 de decembro, ás 17.30 horas, María Rodríguez Romero, autora da videocreación “O mundo dos soños”, recibirá o Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Concurso literario, creado polo Concello de Dodro para promover a creación literaria, o uso da lingua galega e a expresión artística entre o alumnado da ESO. O acto central da xornada consistirá na entrega do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Inma López Silva pola súa obra “Clepsidras”, autora consagrada e figura relevante da narrativa na nosa lingua que irrompe con forza no espazo da creación poética. O evento estará conducido pola coordinadora do certame a poeta Elvira Ribeiro Tobío e presidido polo alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No marco do mesmo terá lugar un recital lírico e a actuación do dúo Aldaolado.
O Concello de Dodro proporcionará un servizo de transporte gratuíto que conectará todos os núcleos de poboación do municipio co CPI Eusebio Lorenzo Baleirón a fin de de facilitar a accesibilidade e participación da veciñanza na celebración do premio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.