Cultura de Ribeira dá a coñecer as creacións gañadoras do Concurso de Debuxo e Pintura de Nadal

09 Decembro 2021

O Concello de Ribeira vén de compartir os nomes dos nenos gañadores do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura do Nadal, convocado novamente polo Goberno local para seleccionar as imaxes que darán corpo ao cartel oficial das festas e á postal institucional de felicitación. Finalmente resultaron gañadores do certame Ainara Piñeiro Pérez, de 8 anos de idade e estudante do CEIP de Frións, e Alejandro Vázquez Insua, de 5 anos e alumno do CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño.

As destacadas creacións dos pequenos foron presentadas este 9 de decembro pola concelleira de Cultura, María Sampedro, nun acto na que estivo acompañada de Ainara e Alejandro.

A edil ribeirense informou de que foron máis de 400 as creacións presentadas, agradecendo a boa disposición dos colexios para tomar parte no certame.

O xurado valorou tanto a cantidade como a diversidade das obras. Estivo composto por Eugenia Gómez da Galería O Faiado, o artista Fernando Yáñez, o técnico municipal Unai González e a concelleira de Educación Juana Brión, con Sara García como secretaria, con voz e sen voto.

Os rapaces recibiron tamén cadanseus premios de 150 euros distribuídos en un bono de 100 euros (para gastar no caso de Ainara en Milar Sampedro e no caso de Alejandro e Daga Sport) e outro de 50 euros a investir en ambos casos na Librería Mirás.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.