Creada en Rianxo a primeira operadora local para levar Internet de alta velocidade ao último recuncho do concello: FibraRianxo

28 Decembro 2021

O Concello de Rianxo vén de compartir novidades acerca da súa colaboración coa operadora RedeAberta.gal, un traballo conxunto destinado a despregar unha rede neutral de fibra óptica e levar, en última instancia, Internet de alta velocidade a todas as parroquias e vivendas do termo municipal (e así rematar coa fenda dixital no concello, dinamizar o territorio e evitar o despoboamento no rural). O proxecto conxunto deu como resultado nesta recta final de ano á que sería a primeira teleoperadora local, FibraRianxo.com, que sería a empresa de telecomunicacións encargada de fornecer de servizos de Internet aos fogares e empresas rianxeiras. Farao a través de RedeAberta.gal e complementarase con outras solucións de conectividade para zonas rurais e de telefonía móbil.

Segundo comunicou o Concello, a rede empezarase a despregar ao longo de 2022 en 3 fases, ata chegar “ata a última casa da última aldea”, seguindo a mesma filosofía que RedeAberta está a desenvolver noutros concellos nos que xa ten presencia.

Con esta colaboración o Concello de Rianxo pretende axudar “na solución dos problemas de cobertura de redes de alta velocidade que sofren non poucos núcleos rurais e incluso urbanos do municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.