O Concello de Rianxo quere dotar de fibra óptica todas as vivendas do municipio en colaboración con RedeAberta.gal

27 Outubro 2021

O Concello de Rianxo e a operadora de telecomunicacións galega RedeAberta.gal están a poñer en marcha un proxecto de colaboración para a despregadura dunha rede neutral de fibra óptica no termo municipal rianxeiro.

O Goberno local explica que o proxecto conxunto collerá corpo a través dunha enquisa cidadá na que a veciñanza dará conta polo miúdo das súas necesidades tecnolóxicas.

Así o explica o Concello: “Se, á hora de contratar os servizos de fibra óptica coas diferentes operadoras, batemos con problemas como a falta de cobertura, dificultade para atopar o número ou a finca, denegación de permiso de particulares ou a necesidade de infraestruturas (postes, conducións…), esta enquisa pretende recoller datos destas problemáticas e das vivendas afectadas para seren tidas en conta na redacción do proxecto de RedeAberta”.

O Concello fai un chamamento á cidadanía para colaborar e “tentar fornecer de cobertura de fibra óptica a todas as vivendas do territorio municipal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...