Comeza a conta atrás para un dos grandes eventos deportivos da tempada: a décima Sin-Son 10K

15 Decembro 2021

A carreira Sin-Son 10K, un dos eventos deportivos máis relevantes da tempada en Galicia, celebra esta fin de semana a súa décima convocatoria en Porto do Son, organizada polo Concello. E concreto, disputarase os días 18 de decembro (escolares) e 19 (absolutas e absolutos).

Coma o ano pasado, incluirase no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. A proba reunirá 2.000 atletas entre todas as categorías, segundo confirmou o concelleiro de Deportes Juan Pouso, quen destacou a importancia deportiva do evento (un referente absoluto do calendario galego) e tamén a súa relevancia económica (polo impulso que lle dá ao comercio e á hostalería local) e turístico-paisaxística (poñendo á nosa disposición un “percorrido inigualábel” que nos permite correr co mar sempre ao noso carón).

Por certo que a celebración do evento implicará o peche ao tráfico da AC-550 entre as 10.20 e as 12.15 horas do domingo.

Lembrar tamén que en oito días a carreira esgotou todas as súas prazas dispoñíbeis, o que fala as claras do interese que suscita.

Outros artigos

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.