Boiro Voleibol Empresarial iniciou a súa andaina cunha mesa sobre mercadotecnia, comunicación e patrocinio

17 Decembro 2021

Miguel Álvarez.-A Casa da Cultura de Boiro acolleu este xoves 16 de decembro a posta en marcha oficial da iniciativa de Boiro Voleibol Empresarial, o proxecto co que o club da Cachada busca fomentar o networking e profundar en todos os factores que impulsan a profesionalización de clubs e entidades deportivas. A xornada Patrocinio e deporte de elite supuxo o primeiro paso no camiño do movemento creado polo club de voleibol.

A xornada contou coa presenza de Terio Carrera, xornalista de CRTVG, como presentador. Na mesa redonda, participaron Xosé Luís Reza, presidente do Clúster de Comunicación de Galicia; Joaquín Garrido, secretario xeral de Mexillón de Galicia; Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA; e Miguel Álvarez, director de Comunicación do Boiro Voleibol.

Durante as intervencións, Xosé Luís Reza destacou a importancia da mercadotecnia dentro das empresas. Joaquín Garrido puxo en valor o tecido empresarial e industrial de Galicia, mentres que Margarita Hermo subliñou os valores que se inculcan a través do deporte base. Por último, Miguel Álvarez debullou a importancia da estratexia de comunicación para aumentar o valor das accións de mercadotecnia e dos patrocinios.

Pola súa banda, Javier Puñal, director xeral do Boiro Voleibol, iniciou o acto patrocinado por Mexillón de Galicia coa presentación do tres alicerces fundamentais do proxecto do club: a canteira, a profesionalización e a responsabilidade con empresas, institucións e a contorna social. Por último, Emilio Palacio, presidente do Club Boiro Voleibol, pechou unha xornada que contou coa asistencia de máis de medio centenar de persoas, entre as que se atopaban políticos, empresarios ou xogadores e corpo técnico do primeiro equipo do Rotogal.

Outros artigos

O Concello de Boiro promove un obradoiro de Entroido para rapazada

O Concello de Boiro, no marco das actividades para o Entroido 2026, programa un obradoiro para rapazada de entre 4 e 12 anos. As actividades desenvolveranse no Centro Social de Cabo de Cruz entre o 16 e 18 de febreiro de 10.00 a 13.00 horas. O obxectivo desta...

+

Noia convértese este 31 de xaneiro na capital da patinaxe artística

Este sábado, 31 de xaneiro de 2026, o Pavillón Agustín Mourís do concello de Noia acollerá as Preseleccións Provinciais Cadete - Sénior de Patinaxe Artística organizadas polo Club Noia Patin. Será, en palabras do Concello, unha xornada chea de elegancia, esforzo,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

Hay gobiernos que pasan a la historia por sus reformas, otros por sus crisis y algunos, los más cínicos, por su habilidad para llamar “normalización” a lo que es claudicación. Pedro Sánchez parece decidido a inscribirse en esta última categoría con una perseverancia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.