Boiro retoma as obras da instalación do Club de Remo de Cabo de Cruz

09 Decembro 2021

O Concello de Boiro continúa coas obras da nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz, coas que se vai executar e tamén se vai levar a cabo a urbanización da zona exterior. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, visitaron a instalación acompañados da directiva do Club de Remo- Cabo de Cruz e a empresa adxudicataria da obra para coñecer o estado das actuacións.
As actuacións retomáronse logo de que o pleno da corporación aprobase unha modificación de crédito, por importe de 335.559,58 euros para financiar as actuacións pendentes e rematar a obra. O proxecto orixinal sufriu diversas modificación para adaptar a instalación ás necesidades dos remeiros e das remeiras, polo que foi preciso ampliar o crédito para sufragar os gastos necesarios para rematar as obras.
Entre os cambios que se tiveron que levar a cabo no proxecto inicial está o redeseño do foso, para axustar as bancadas ás condicións reais de traíña ou o redeseño dos espazos interiores acordados entre o Club de Remo e o Concello de Boiro. Agora estase a levar a cabo a instalación eléctrica da instalación e os acabados finais da mesma como son as baldosas ou o pavimento técnico do ximnasio, así como a urbanización externa do inmoble.
O Concello de Boiro, o Club de Remo e a empresa adxudicataria traballan en conxunto para que o resultado final da obra se adapte á necesidades dos remeiros. Con esta modificación de crédito puido retomarse a obra para finalizar as actuacións do inmoble.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

¡Gooool! Ese es el cántico que se ha escuchado prácticamente en todas las calles de España. El “¡Yo soy español, español, español...!” ha retumbado en todos los rincones del país cuando el árbitro señaló el final del partido que nos ha convertido en reyes de Europa. 4...

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...