Boiro e Puebla suman un punto ante o Laracha e Paiosaco

13 Decembro 2021

O Boiro e o Puebla concluíron este domingo a primeira volta da Preferente Galicia de fútbol. Ambos sumaron un punto fronte ao Laracha (2-2) e contra o Paiosaco (1-1).
No partido que se disputou na Alta a diferenza de postos na clasficación non se viu reflexada sobre o céspede. Xa que foron os locais quenes puxeron as ocasións a pesares de que o Paiosaco era quen dominaba o balón. Na primeira metade chegouse ao descanso co empate a cero, onde os de Jesús Mella reclamaron un penalti que o colexiado non considerou punible.
Nos segundos 45 minutos viuse que ambos conxuntos querían quedarse cos tres puntos, e o partido abriuse. E no minuto 72. Adri Casariego finalizou unha contra para poñer o 0-1. E cando parecía que o Puebla ía quedar de novo sen sumar, apareceu Juan García, que aproveitou súa oportunidade aos cinco minutos de entrar sobre o verde para poñer o definitivo 1-1.
Doutra banda o CD Boiro non puido pasar do empate contra o Laracha, un dos equipos chamados a estar na parte baixa da táboa. Púxose dúas veces por diante no marcador o conxunto dirixido por Luis Carro. Primeiro foi Pereira cinco minutos antes de chegar ao descanso , pero pouco despois os locais empatarían cun golazo de Totó.
Na segunda parte, Javi asestaría outro golpe para os coruñeses logo de rematar un balón á saída dun córner que adiantaba de novo aos boiristas. Pero de novo, cinco minutos depois, Totó, volveu a igualar o marcador poñendo o definitivo 2-2.

Con estes resultados, os boiristas son quintos en postos de promoción con 17 puntos e o Puebla oitavo con 13.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...