Boiro acolle esta finde a dezasete edición da Mostra de Camelia Sasanqua

11 Decembro 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Turismo, organiza esta fin de semana a XVII edición da mostra da Camelia Sasanqua e outras. As actividades desenvólvense na sala de exposicións do Mercado Municipal. A mostra deste ano abre o ciclo de mostras da temporada 2022 que se celebran por todo Galicia ata finais de abril.

A XVII edición da mostra da Camelia vai contar con 30 expositores de diversas zonas de Galicia e tamén de Asturias e o norte de Portugal. Durante a mostra poderá visitarse tamén no Mercado Municipal unha mostra fotográfica de camelias realizada por Manuel Hermida Rivas.

Cada ao realizase unha plantación dunha camelia nun lugar do municipio, que este ano vai ter lugar na finca do Pazo de Goiáns e que se realiza antes de dar comezo á mostra, o sábado ás 16.00 horas. O exemplar de camelia sasanqua que se vai plantar é a Camelia Boiro creada por Begoña Franco.

Nos case sesenta metros de exposición poderán verse camelias sasanquas ao natural e tamén outras especies. A exposición pode visitarse o sábado pola tarde, en horario de 17.00 a 20.30 horas, e o domingo en horario partido, de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.30 horas pola tarde.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.