As nosas promesas do deporte xúntanse este 11 de decembro no Son, no Encontro Comarcal Nada e Corre

03 Decembro 2021

O concello de Porto do Son vai acoller este mes de decembro, finalmente, o Encontro Comarcal Nada e Corre, edición 2021. A nova data será a do sábado 11 de decembro, no Complexo Deportivo da Piscina Municipal, segundo informou o departamento de Deportes que dirixe Juan Pouso. Será, como dixemos con motivo da súa presentación en novembro, un dos grandes acontecementos deportivos xuvenís no Barbanza.

O evento vén da man das seguintes entidades: ARTROGAL, FEGATRI (Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno), TRI 498, a Fundación Deporte Galego, a Secretaría Xeral para o Deporte, o Grupo SOOM e o Concello de Porto de Son.

A previsión é a de xuntar varios centos de deportistas, na súa maioría da nosa comarca, pertencentes ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadetes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.