“As Illas Feroe comparten pesca ao tempo que matan 1.400 golfiños”. Antón Luaces

25 Decembro 2021

Non é a primeira ocasión na que esta matanza se produce nas illas Feroe, pero é hora de que sexa a derradeira. Xa está ben de gardar silenzo no ámbito da Unión Europea, que comparte moitas cousas con ese goberno insular que consentiu nas últimas décadas  a matanza de cetáceos nas Illas Feroe mentres ca UE garda un inexplicable silenzo sobre o acontecido. Calar e consentir.
Após tantos anos de silenzo, a Unión Europea e os seus Estados membros representados na Comisión Baleeira Internacional (CBI) espertan agora emitindo unha decraración oficial na que piden ao Goberno das illa Feroe que “poñan fin inmediatamente á desfasada práctica da caza de baleas e golfiños”. Obviamente, Dinamarca non asinou tal decraración, algo comprensible tendo en conta que as Illas Feroe (ou Illas dos Años) son un territorio autónomo do Reino de Dinamarca. Esa decraración critica duramente a matanza masiva de máis de 1.400 golfiños, e recalca o doroso sistema empregado para esta pesca masiva de golfiños, que alonga o seu sufrimento. Os países comunitarios espoñen a súa preocupación  polo “impacto sobre as poboacións” desta especie provocada pola devandita actividade e que se leva a cabo porque é unha especie  que habita tanto en áreas da UE como fora dela e falta investigación sobre o seu estado exacto de conservación. 

A noticia da petición -que non esixencia- foi acollida internacionalmente con satisfación polas organizacións ambientais que loitan pola preservación dos golfiños nesta parte do mundo por entender “innecesaria e cruel a matanza de baleas e golfiños nestas augas ás portas da Unión Europea” engadindo que resulta “decepcionante observar que Dinamarca non fixo súa esta decraración comunitaria, xa que logo e segundo expresa o Goberno dinamarqués, non cadra cos intereses das Illas Feroe”·

O pasado 12 de setembro, ao menos 1.428 golfiños de flancos brancos do Atlántico adultos e ducias de exemplares xuvenís forfon guiados a terra e masacrados en Skálafjorour, ao leste das citadas illas. A caza directa de caldeiróns, outras especie de golfiños, proseguiu poucos días dempois.Todos os anos, a mediados de setembro, ten lugar aló unha tradición tinguida de sangue: a matanza de cetáceos, nomeadamente golfiños e baleas piloto. coñecida como grind co obxectivo, disque, de garantir o subministgro alimentario para o inverno, un vestixio do pasado que pervive.

Sea Shepherd, a entidade que se opón ao grind​,​ emitiu tamén unha nota na que explica que este grupo de 1.429 golfiños “foi guiado durante moitas horas”, e ao longo de 45 quilómetros padeceron a persecución e caza inmisericorde de todos e cada un dos membros da manda, converténdoa “na captura máis grande da historia”. A entidade medioambientalista, que leva moitos anos de loita contra esa práctica, afirma que o sucedido este ano constitúe un verdadeiro récord: “É a captura máis grande na historia das Illas Feroe”. A anterior en dimensión foron as 1.200 baleas piloto de 1940.

A esta denuncia únense nas últimas semáns molitos viciños que coidsn excesiva esta cacería. O xornal dinamarqués Ekstra Bladet pubricou unha reportaxe con numerosos testemuños de habitantes feroenses que amosaban a súa indignación polo pasado recente. 

Esta cacería producíuse cando as Illas Feroe xa cazaran  ao longo do verán un total de 615 baleas pìloto, o que eleva o número de cetáceos mortos a 2.043 só durante os meses  deste ano, segundo un voceiro de Sea Shepherd.

Outros artigos

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

+

“Inseguridade Social” – José Manuel Pena

A Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo da UE (Eurofound) sinala que “os sentimentos de inseguridade en varios aspectos da vida da poboación europea están estendidos, mesmo entre as persoas que están materialmente acomodadas. Os...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.