Amicos presentou a nova edición do seu Calendario Solidario nas Adegas Paco e Lola

10 Decembro 2021

A asociación inclusiva Amicos presentou na mañá deste 10 de decembro o seu Calendario Solidario 2022 na sede en Meaño (Pontevedra) das Adegas Paco e Lola. Ademais, a entidade da nosa comarca entregou a todos os asistentes un exemplar da dita publicación. O acto complementouse cuns petiscos por cortesía da adega. Dende Amicos agradeceron un ano máis a colaboración do histórico estudio fotográfico ribeirense Lesmes, que se implicou novamente na realización dun calendario onde as e os protagonistas volven ser as persoas integrantes da asociación.

Asistiron ao evento Paz Lago Martínez, concelleira de Educación e Cultura de Sanxenxo; Daniel Arosa Dasilva, concelleiro de Servizos Sociais, Deportes e Mocidade de Sanxenxo; Ramón Alfonso Piñeiro, concelleiro de Infraestruturas de Meaño e Constantino Cordal Rodríguez, primeiro tenente alcalde de Cambados. Todos coincidiron no importante labor que desenvolven asociacións como Amicos ao tempo que deixaron a porta aberta para futuras colaboracións.

Pola súa banda, Eladio Riveiro, vicepresidente de Paco e Lola, mostrou a súa satisfacción por ter acollido na dita adega un evento de tal relevancia como a presentación do calendario de Amicos: “Graciñas por elixirnos e agardamos que sigades contando connosco nas próximas edicións”, sinalou, ao tempo que agradeceu a presenza dos devanditos concelleiros e de Gadisa.

A continuación, Carmen Piñeiro e Begoña Pérez, representando a Amicos, presentaron xunto a Felisa Piñeiro, membro da xunta directiva da entidade, o Calendario Solidario 2022. Todas mostraron o seu agradecemento e confesaron estar “moi contentas de participar nas fotografías do calendario”. Felisa Piñeiro destacou tamén que se trata dunha “obra moi necesaria” e que grazas a iniciativas como estas “conseguimos chegar ao que somos agora e esperamos que para o ano sigamos así”.

Iria Rodríguez, representante da Corporación Gadisa, amosouse “encantada de colaborar” e deixou constancia da súa intención de seguir colaborando coa asociación, tanto nesta actividade como outras semellantes. “Seguiremos traballando en vías de colaboración conxunta”, dixo.

O proxecto está comprometido coa RSC de Paco e Lola, CONGALSA, Candelas, Servicio Móvil e Cabañitas del Bosque. Ademais, o calendario conta coa colaboración de máis de 20 provedores. Pódense obter a través das redes sociais onde ten presenza Amicos ou a través do correo hola@amicos.org.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.