Amicos pechou o proxecto Re-Mar II repasando os seus éxitos ambientais pasados, presentes e futuros

16 Decembro 2021

A Asociación Amicos celebrou na tarde deste 15 de decembro, no Centro Social de Cabo de Cruz, a xornada de peche proxecto Re-Mar II, un acto no que se compartiron importantes experiencias de sustentabilidade mariña e que estivo guiado por Carolina Castro, en representación das persoas que forman Amicos. José Manuel Pérez, patrón maior da Confraría Cabo de Cruz, deu a benvida a todos os asistentes e fixo un chamamento para que “para o ano sigamos colaborando de esta maneira no proxecto Re-Mar”.

A continuación, proxectouse un vídeo en formato storytelling no que participaron representantes das confrarías de Cabo de Cruz, Carreira e Aguiño, así como José Antonio Fernández, director xeral do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que salientou o importante potencial de integración que despregou o proxecto dende os seus inicios, amais dos esforzos achegados para avanzar na protección do medio mariño “para que todas e todos poidamos seguir vivindo”.

Alfonso Pérez, Adriana Miguens e Manuel Prado, en representación aos integrantes de Amicos, explicaron os resultados do proxecto, comparáronnos coa primeira convocatoria e establecéronse os novos desafíos que esperan de cara a Re-Mar III.

A xornada tamén acolleu un coloquio con entidades e organización colaboradoras guiado por Xoan España, director xeral de Amicos, que se mostrou moi orgulloso de ter chegado ata aquí, “grazas ao traballo de, sobre todo, as persoas con discapacidade que actuaron como guías medioambientais para concienciar a toda a sociedade”.

No coloquio participou José Ramón Romero, alcalde de Boiro; que destacou a importancia da educación e da “reeducación da xente maior”. Tamén tendeu a man para que “este proxecto teña continuidade no tempo para poder seguir coidando do noso medio”.Tamén estiveron presentes Raúl Treus, concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente de Boiro; Ana Isabel Barreiro Rego, concelleira delegada de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade de Ribeira; Juana María Brión Santamaría, concelleira delegada de Educación, Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá de Ribeira; Estefanía Ramos Olveira, concelleira de Servizos Municipais, Benestar Animal e Persoal da Pobra do Caramiñal e Patricia Lojo Nine, concelleira da Cultura, Sanidade e Relacións Institucionais da Pobra do Caramiñal, entre outras persoas representantes das nosas administracións e entidades.

O peche de Re-Mar II contou como dixemos coa presenza dos responsábeis das Confrarías de Cabo de Cruz, Rianxo e Aguiño. José Antonio Santamaría Sampedro, patrón maior do pósito de Aguiño, agradeceu a Amicos o seu labor, pois “van sensibilizando e traballando para que as cousas cambien”. Ademais, destacou que “unha das cousas mellores de este traballo non so é sensibilizar, senón traballar na difusión”.

Pola súa banda, Juan José Rial Millán, patrón maior da Confraría Illa de Arousa quixo remarcar que “temos que deixar de varrer para debaixo da alfombra do mar” pois “os plásticos acaban sendo microplásticos e rematan na cadea alimenticia”. Por iso, “esperamos que Amicos siga aí ano tras ano, axudándonos a loitar no coidado do medio ambiente”.

Por outra parte, Rosa María Carballo Martínez, representante do GALP Ría de Arousa, dixo que “imos nunha liña axeitada” porque “o coidado do medio ambiente tense que facer de forma colectiva”.

Re-Mar II – Custodia Ambiental para a Redución de Residuos no Espazo Mariño Protexido das Rías Baixas é un proxecto impulsado por Amicos, xunto co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Preamar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...