Amicos e a Fundación Vertex Bioenergy xuntan forzas a prol da inclusión e a sustentabilidade

27 Decembro 2021

A Asociación Amicos e a entidade Bioetanol Galicia – Fundación Vertex Bioenergy xuntaron forzas para colaborar e traballar a prol da sustentabilidade e o uso racional e medioambientalmente responsábel de recursos. Con este obxectivo, unido á finalidade de impulsar unha formación excelente entre os colectivos de persoas con diversidades funcionais e cognitivas, puxéronse en marcha tres actividades: o programa de formación Fundación Vertex Bioenergy, a actuación Herdanza Mater: Xornadas de Traballo Fundación Vertex Bioenergy e máis Re-Mar by Fundación Vertex Bioenergy.

A Ecobrigada de Amicos traballando pola conservación de Sálvora

A primeira das accións que xa se está levando a cabo é o programa de formación Fundación Vertex Bioenergy. Con esta iniciativa, as persoas traballadoras pertencentes ás Ecobrigadas de Amicos adquiren as competencias base e de carácter transversal para alcanzar a autonomía persoal e social, así como unha axeitada adaptación ás actividades da vida diaria.

Durante o mes de novembro tamén se levou a cabo a actividade Herdanza Mater: Xornadas de Traballo Fundación Vertex Bioenergy, na illa de Sálvora (Parque Nacional Illas Atlánticas), onde as Ecobrigadas e os voluntarios do Fogar Amicos retiraron 20 metros cúbicos de plantas invasoras.

Así mesmo, a pasada semana tivo lugar a actuación Re-Mar by Fundación Vertex Bioenergy, que vela pola custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido das Rías Baixas. Estas xornadas son lideradas polos membros de Amicos, que tratan de fomentar a participación cidadá, concienciar sobre a necesidade de reducir os residuos mariños, conservar e protexer o patrimonio natural así como realizar a súa recollida e tratamento. E sen esquecer a importancia da inclusión social das persoas con capacidades diversas, visibilizando o seu labor como guías ambientais. Grazas a esta actividade, xa se retiraron máis de 40 quilogramos de residuos mariños na zona.

Unha das actividades formativas impartidas por Vertex

A colaboración de Amicos e Bioetanol Galicia – Fundación Vertex BioEnergy aposta por unha educación de calidade ofrecendo formación e emprego, contemplado no obxectivo 4 dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel). Ademais, levan a cabo actuacións no medio forestal para traballar no capítulo 15, o relativo á Vida de Ecosistemas Terrestres, así como actuacións no medio mariño contempladas no 13 e máis no 14. Todas estas actuacións beneficiarán a 332 mozos de idades comprendidas entre 6 e 18 anos e a 623 mulleres e homes de idades entre 18 e 65 anos. O próximo ano, a asociación seguirá creando e impulsando este tipo de medidas grazas a Bioetanol Galicia – Fundación Vertex BioEnergy para conseguir de maneira conxunta “un mundo máis sustentábel, máis inclusivo e máis igualitario”, en palabras de Amicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.