Amadeo Abal e Tina Fernández reinaron na Carreira Mar de Boiro

10 Decembro 2021

O regreso da Carreira popular Mar de Boiro Memorial Pepe Buceta foi moi ben acollida por tódolos amantes do deporte. Arredor de 500 participantes déronse cita no municipio boirense, entre os cales houbo dous grandes destacados, a muradana Tina Fernández na categoría feminina, e o campión masculino Amadei Abal. Tina Fernández completou o percorrido en 38:07 minutos, seguida de Laura Pérez e Elena Matalobos, que superaron os 42 minutos. Na masculina, Amadeo rematou primeiro cunha marca de 31:41 minutos, tan só 4 segundos por diante de Esteban Toucedo. O podio completouno Juanjo Álvarez.

Os mellores competidores locais tamén foron galardoados. Na categoría masculina Michel Fernández con 35 minutos, Juan Cepeda e José Navarro subíronse ao podio como mellores boirenses. Na categoría feminina foron Lara Buig con 44 minutos, Lara Torrado e Patricia Silva. A competición tamén acolleu as categorías base. En sub 10 Judit Barros e Manuel Aritme foron os mellores, en sub 12 Carmen Paz e Manuel Sánchez. Tania López e Hugo Domínguez coronáronse en sub 14 e Iria Rodríguez e Yago Iglesias en sub 16.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.