A Xunta e o Club de Remo de Cabo de Cruz habilitarán un acceso independente ao mar

17 Decembro 2021

A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia e a Secretaría Xeral para o Deporte, consensuará directamente co club
de remo de Cabo de Cruz as posibles alternativas para habilitar un acceso independente ao mar para os integrantes desta entidade. Así llo comunicou esta mañá a presidenta do organismo portuario, Susana Lenguas, ao alcalde de Boiro nunha reunión de traballo.
A representante do ente dependente da Consellería do Mar trasladou que ambos departamentos autonómicos tiveron xa contactos para coordinar a posible contribución da Xunta de Galicia a dar resposta ás necesidades do Club de Remo, que desenvolve a súa actividade no porto boirense.
A proposta inicial do Executivo galego pasará por impulsar unha alternativa de acceso ao mar que permita aos deportistas deixar de empregar a rampla de varada que utilizan na actualidade, reforzando así a seguridade destes usuarios e mellorando as súas condicións de actividade.
O Club de Remo de Cabo de Cruz é un dos máis destacados de Galicia no seu ámbito e o único, xunto co de Ares, que compite na primeira categoría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.