A rapazada será a gran protagonista do Nadal en Porto do Son

14 Decembro 2021

En Porto do Son, as nenas e nenos serán sen dúbida as e os grandes protagonistas destas festas do Nadal. O programa de actividades inclúe diversas citas ineludíbeis para elas e eles, como por exemplo Os Obradoiros de Nadal que o Concello organizará na Ludoteca do Son e na Casa da Cultura de Xuño e Portosín, os días 22, 27, 28 e 30 de decembro, así como o 3 e o 4 de xaneiro, en horario de 17.00 a 19.00. A través destes obradoiros, a rapazada terá unha oportunidade para divertirse e facer voar o seu talento creativo ao mesmo tempo que se lles achega ás nais e aos pais unha proposta de conciliación para este tempo de celebracións.

Tamén poderán gozar dos inchables de Tiko Doko, o vindeiro 29 de decembro, cuxas atraccións estarán no Polideportivo de Santa Irene de Porto do Son en horario de 17.00 a 21.00 horas.

Sen dúbida un dos momentos álxidos serán as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, que percorrerán o municipio e visitarán á rapazada das parroquias. O día 23 será a quenda da ruta de Papá Noel, que comezará ás 10.00 horas e estenderase até as 20.00, cunha pausa para o xantar a partir das 14.00 horas (ata as 16.00). O día 5, o itinerario dos Reis Magos seguirá o mesmo traxecto polas parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.