A Policía Nacional detén en Ribeira a un veciño tras ser sorprendido roubando nun garaxe

13 Decembro 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención dun home de 18 anos, veciño de Ribeira, como presunto autor dun delito de roubo con forza nun garaxe.

Tras recibirse chamada no 091, de madrugada, comunicando os interlocutores que se estaban a escoitar ruídos dende o garaxe dunha vivenda, dirixiuse ao lugar unha patrulla que sorprendeu a un individuo no seu interior manipulando os caixóns dun móbel. Tras realizar unha requisa do garaxe, os axentes observaron un vehículo coas portas abertas e o interior revolto, podendo ver que o individuo, para entrar, fracturara unha porta de acceso ao garaxe. Acudido o propietario do vehículo, manifestou aos axentes que o mesmo estaba perfectamente pechado e en orde, polo que se procedeu á detención do mozo por roubo con forza.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, deuse conta de todo o actuado ao Xulgado de Instrución de Garda, pondo ao detido á súa disposición.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...