A Pobra cancela a inauguración do parque infantil da Lombiña que estaba prevista para este 29 de decembro

29 Decembro 2021

O Concello da Pobra informou que cancela a inauguración do parque infantil da Lombiña que estaba prevista para hoxe, 29 de decembro, ás 17.00 horas.

Os labores feitos no parque consistiron na execución dun novo pavimento, a colocación de caucho e a dotación de novo mobiliario e xogos para as crianzas (varios balancíns e randeeiras, un tobogán e un equipo combinado). Ademais, dispuxose dun peche perimetral de madeira. A superficie é de 287 metros cadrados e cóntase coa autorización do Servizo de Urbanismo ao situarse no dominio público marítimo-terrestre.

A actuación foi adxudicada á empresa Ouri Entretenimientos S.L. por un importe total de 46 878’46 euros, IVE incluído, dos cales 32 000 euros proveñen do ente provincial e 14 ­878’46 euros da Administración local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.