A Pobra acollerá dúas xornadas sobre produción e comercialización de produtos agrarios sustentábeis

10 Decembro 2021

O Concello da Pobra achegará dous días enteiros de formación en agricultura sustentábel e novos xeitos de producir ao abeiro do seu proxecto de inserción sociolaboral colectiva baseada en agroecoloxía, cooperativismo e economía social. As dúas xornadas son de feito a antesala do dito proxecto, que comezará a implantar na Pobra a Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), en colaboración coa Federación Rural Galega (FRUGA). As xornadas, abertas á cidadanía en xeral, desenvolveranse baixo o epígrafe Agroecoloxía: autoemprego colectivo para unha vida digna e sustentábel.

No 17 de decembro impartirase Aterrando na Pobra, co obxectivo de coñecerse e reflexionar colectivamente, ademais de compartir experiencias e expectativas. Transcorrerá na Casa da Mocidade, en horario de 17.00 a 20.00 horas.

E no día 18 procederase con Alimentando A Pobra, que consistirá nun percorrido pola contorna dende as 10.30 ata as 13.30 horas, con saída dende a propia Casa da Mocidade. Mediante esta visita interpretativa, as persoas participantes aproximaranse á leira e á produción agroecolóxica e coñecerán os recursos para unha planificación axeitada dos cultivos. Ademais, pola tarde, o Auditorio do Museo Valle-Inclán acollerá a última das sesións, de 17.00 a 20.00 horas, que versará sobre as alternativas de comercialización e xestión de proxectos produtivos agroecolóxicos e terá lugar a propia presentación da iniciativa.

Un proxecto para un reto local concreto

O proxecto pobrense para o fomento do emprego e o emprendemento no ámbito da agricultura ecolóxica e o cooperativismo xorde como resposta ás necesidades específicas no eido de inserción laboral detectadas no ámbito municipal polo persoal técnico do Concello, facendo fronte á actual crise ecosocial global que afecta distintos eidos. Para o seu deseño e a súa posta en práctica configurouse, dende unha perspectiva de intervención socioeducativa baseada na participación e no apoderamento colectivo, un equipo multidisciplinar.

A dita iniciativa componse de tres eixes: unha formación práctica no terreo sobre a produción agroecolóxica de cultivos vexetais; un posterior acompañamento, supervisión e asesoramento na xestión dos cultivos no terreo; e unha dinámica de intervención socioeducativa baseada na dinamización e asesoramento técnico para a inserción sociolaboral colectiva a través de modelos asociados ao cooperativismo e á economía social.

Para máis información, habilítase o teléfono de contacto 981377610.

Outros artigos

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...