A Escola Municipal de Música de Ribeira retoma a actividade coa profesora Alejandra Medín

14 Decembro 2021

Despois de dous cursos sen actividade, este martes 14 de decembro ponse de novo en marcha a Escola Municipal de Música de Ribeira, a iniciativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos e que organiza o Conservatorio Profesional de Música Enrique Paisal.

A profesora que impartirá e que se incorpora como nova profesora ao centro será Alejandra Medín Doce quen, no proceso selectivo que tivo lugar o mes pasado, acadou a maior puntuación.

Alejandra, natural de Valdoviño, é titulada superior na especialidade de pedagoxía e posúe experiencia docente, posto que leva varios anos traballando con nenos e nenas desas idades. Ademais impartirá varias materias no conservatorio.

En canto á matrícula da Escola quedan aínda prazas nas idades de 3, 4 e 7 anos estando completo o grupo de 5/6 anos.

Para máis información as persoas interesadas poden chamar en horario de mañá ao teléfono do centro (981 87 32 04).

O prezo da actividade ata maio é de 79,49€ con dúas clases semanais.

A profesora Alejandra Medín

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.