A directora de Relacións Institucionais de JEALSA visita o Centro de Atención Integral de Amicos

21 Decembro 2021

O Centro de Atención Integral da Asociación Amicos, emprazado en Comoxo (Boiro), recibiu este 21 de decembro a visita de Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais da Corporación JEALSA. A visita veu motivada para realizar a entrega de cestas de Nadal a todos os integrantes da asociación que traballan na Fábrica Social de Amicos e que elaboran os agasallos que JEALSA distribúe nestas datas entre os seus empregados.

Na súa estadía no centro, Margarita Hermo dixo que “se hai algo que caracteriza o Nadal son os agasallos, e dende hai sete anos os obsequios de JEALSA teñen un compoñente especial”. Engadiu que “as caixas que entregamos aos nosos compañeiros levan unha mensaxe de solidariedade, de integración e de colaboración con persoas con discapacidade”. Tamén aproveitou a ocasión para agradecer a todo o equipo de Amicos a súa colaboración e traballo e, en particular, “aos colaboradores na elaboración desta cesta polo mimo e cariño que poñen”.

As cestas de JEALSA

Na Fábrica Social, situada nas instalación do Centro de Atención Integral da Asociación, as persoas integrantes da asociación elaboran cada ano as cestas que a Corporación JEALSA entrega aos seus empregados nestas datas sinaladas. Por esta razón e para mostrar o seu agradecemento, Margarita Hermo entregou algunhas de estas cestas a todos os colaboradores na súa preparación.

Entre as persoas que interviñeron na recepción atopábanse Ramiro Lueiro, participante na actividade, e María Pérez Sánchez, técnica de Desenvolvemento Responsábel da Fábrica Social, que explicaron todos os detalles da elaboración das caixas: “Primeiro montamos as caixas, poñemos o cordón e as latas colocados nun orden determinado e péchanse”. Ademais, Miguel Beiro, responsábel da Área de Emprego e Empresas da Asociación Amicos, quixo aproveitar a oportunidade para agradecer a JEALSA a colaboración que “vén prestando dende hai xa 7 anos” e convidou aos responsábeis da empresa a “seguir na mesma liña durante moito tempo”. E engadiu: “Para nós é unha honra e un pracer poder colaborar con JEALSA, porque entendemos que podemos aportar un valor social a un agasallo de Nadal”.

Os integrantes de Amicos tamén mostraron o seu agradecemento entregando a Margarita Hermo un cadro feito por eles.

Margarita Hermo mostrando o seu agradecemento ao traballo despregado polas persoas integrantes de Amicos

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.