A Deputación e o Concello invisten 159.824 euros na humanización do Couto, en Noia

15 Decembro 2021

A Deputación da Coruña (a través do seu Plan Único) e o Concello de Noia impulsan a rexeneración urbana e humanización do lugar do Couto. O proxecto, en palabras da entidade provincial, “devolver o protagonismo para aos peóns”, así como mellorar a canalización de pluviais, creando “unha contorna moito máis residencial para as persoas que habitan nas vivendas da zona”.

As tarefas están en fase de licitación e contan cun orzamento de 159.824 euros, dos que a Deputación achega 155.890 a través do Plan Único. Os 3.994 euros restantes son financiados polo Concello.

O proxecto levarase a cabo entre os números 10 e 22 da estrada que comunica Ponte de Traba coa vía provincial DP-4202, que conecta á súa vez co barrio de San Lázaro e co núcleo de Berrimes, no concello de Lousame. Os traballos permitirán en primeira instancia reorganizar o espazo coa canalización das augas pluviais a través de colectores enterrados, eliminando así canles de recollida que se atopaban nos laterais do camiño. “Deste xeito”, explica a Deputación, “recupérase o espazo que estas ocupaban para a circulación de viandantes e mellórase o sistema de evacuación de augas, contribuíndo a reducir o verdello que se formaba na superficie da estrada”.

A estes novos colectores conectaranse as baixantes das vivendas existentes.

Asemade, reorganizarase a sección viaria, “creando un carril central asfaltado para os vehículos e resolvendo ambas marxes cun pavimento de formigón armado de cor gris con acabado antideslizante”, engadiu a entidade provincial, sinalando que “este espazo dedicado ao peón tamén disporá de novas árbores”.

Así mesmo, crearanse espazos de estacionamento diante das vivendas para “facilitar ás persoas residentes os seus desprazamentos en coche, xerando un ambiente máis acorde co lugar”. As obras contribuirán a incrementar a accesibilidade da zona, xa que entre o pavimento da estrada e o formigón das beirarrúas non existirá un cambio de altura, o que garante a accesibilidade universal.

“O Plan Único volve demostrar que é de enorme utilidade para a mellora, acondicionamento e renovación de servizos e infraestruturas municipais, adaptándose ás demandas dos Concellos, posto que son eles os que mellor coñecen a súa realidade e ás necesidades da veciñanza”, indicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso. O Plan Único xa levou a cabo máis de 2.700 obras na provincia desde o ano 2017.

Outros artigos

Noia ponse en marcha contra o cancro o vindeiro 19 de setembro

O vindeiro 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Vella Escola habilita un “pump track” en San Lázaro (Noia)

Desde esta fin de semana, a contorna de San Lázaro (Noia) conta cun novo espazo para gozar sobre rodas da man da xente de Vella Escola. Trátase dun circuíto pump track instalado con motivo do festival Antares. Permanecerá en Noia ata o vindeiro 1 de novembro, aberto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.