A Deputación da Coruña e o Concello de Boiro colaboran na organización dun campus de voleibol

14 Decembro 2021

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, asinaron este 14 de decembro un convenio para financiar a celebración dun campus de voleibol na vila. Fixérono na sede da institución provincial, onde deron a coñecer os detalles do acordo. A celebración do campus abéirase á programación deportiva que o Concello de Boiro desenvolve para fomentar e promover o deporte de base en distintas modalidades.

Segundo explicou José Ramón Romero, “Boiro conta cunha importante actividade deportiva e con preto de 300 nenos e nenas que participan nas escolas deportivas de voleibol”. Con este campus, engadiu, “ofrecerase un servizo dirixido a todos os rapaces e rapazas, de entre 8 e 16 anos, do municipio e a comarca”. Asemade, engadiu que “esta actividade complementa o campus de volei praia que se desenvolve durante o verán e as escolas deportivas de voleibol que se realizan durante o curso escolar”.

Alén de promover a práctica do devandito deporte, esta actividade ten como obxectivos específicos “o desenvolvemento xeral da motricidade, motivar aos nenos e nenas no proceso de aprendizaxe, fomentar o traballo en equipo e os valores de respecto que implican a práctica deportiva en equipo”.

O importe total deste convenio para a celebración dun campus de voleibol é de 20.000 euros, dos que a Deputación da Coruña aporta 16.000 e o Concello de Boiro faise cargo do restante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

El Parlamento europeo envió al Tribunal de Justicia el acuerdo entre la UE y Mercosur, presentado como un hito histórico que creaba el área de libre comercio mayor del mundo, una respuesta al proteccionismo de EE.UU. y una oportunidad para reforzar la posición global...

“Bórtolo”. Xulio Xiz

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.