“A defensa dos intereses da pesca galega. Antón Luaces

05 Decembro 2021

O grupo de traballo sobre a Política Pesqueira Común, creado no seo do Consello Galego de Pesca coñeceu de primeira man a proposta base da Xunta para definir a súa aposta por unha revisión da PPC  que dea pulo á remuda xeracional e converta a pesca nunha opción actractiva para a xente nova promovendo a renovación das frotas e a contratación de profesionais cumprindo todos os estándares europeos en materia laboral.

A Xunta defende a necesidade de que todos os actoresdomsector pesqueiro teñan as mesmas regras de xogo e que exista un equilibrio na relación con outros Estados do Espazo Económico Europeo ou o Reino Unido.

O Executivo galego lembra que o sector pesqueiro é a solución para unha alimentación saudable, rica en proteinas  e cunha menor pegada de carbono ca outras actividades.A folla de ruta de Galicia enxalza o papel  das organizacións rexionais de pesca e defende a necesidade de que a Unión Europea promova a súa creación alí onde non existen para atallar a pesca ilegal e o crecemento incontrolado dalgunhas frotas.

Unha declaración de boas intencións que, sen embargo, non entra directamente na causa do estancamento, cando non retroceso, do sector pesqueiro galego incapaz por sí mesmo de instaurar ese equilibrio que a Xunta demanda  entre os aspectos medioambientais , os económicos e os sociais realizando un esforzo especial na remuda xeracional que, para o propio sector e desde propostas dos propios mariñeiros ou de organizacións profesionais como AETINAPE só se poden dar asumindo a necesidade de mellorar a zona de habilitación dos barcos, programando axeitadamente un calendario laboral co seu correspondente horario de traballo a bordo, e aceptando o establecemento de salarios -como mínimo dúas veces o importe actual do salario mínimo interprofesional- que fagan atractivo  para o persoal xove o feito de se enrolar nun barco para sair a faenar nel ben ao día ou botar no mar -nomeadamente nos caladoiros do Gran Sol- un mínimo de dúas ou tres semanas.

A conselleira de Pesca, Rosa Quintana, coida que a política comunitaria debe poñer o foco no aspecto social -remuda xeracional, renovación tecnolóxica das frotas, mellora das condicións de habitabilidade e seguridade a bordo e converter a profesión nunha opción ben remunerada e atractiva para a xuventude europea, aspectos que concordan en grande medida coas propostas antes citadas dos profesionais da pesca galegos.

Podería darse esa conxunción de formulacións?. En Galicia, pode; na Unión Europea seguramente será ben recibida. O que ofrece máis dúbidas é que a patronal estea unida nesa aceptación.Para chegar a esta solución, o goberno galego formula a necesidade  de aplicar o comercio pesqueiro xusto no que todos os actores teñan  as mesmas regras de xogo e impedindo o acceso ao mercado comunitario daqueles que incumpran as normas establecidas. Neste contexto, a frota galega considera fundamental   loitar contra as subvencións existentes en terceiros países (maioritariamente asiáticos) que lastran a competencia no mercado comunitario, e que haxa un equilibrio na relación con outros Estados do Espazo Económico Europeo ou o Reino Unido.

Lembra a proposta galega que non existe unha política fiscal homoxénea nin a nivel comunitario nin internacional en aspectos como as bonificacións ao combustible profesional polo que avoga porque a Unión Europea presente ante a Organización Mundial do Comercio unha proposta para homoxeneizar os gravames en todos os países e evitar deste xeito distorsións e falseamento da competencia. Neste caso, no se citou a China, un dos países que entran de cheo nesa descalificación que se fai da competencia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...