A Cabalgata de Reis en Boiro terá un percorrido controlado e non contará con comitiva nin participantes

31 Decembro 2021

O Concello de Boiro, xunto coa asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a tradicional Cabalgata de Reis, nesta ocasión adaptada ás restricións e medidas da COVID-19. A presentación da cabalgata realizouse na tarde deste 30 de decembro e nela participaron a concelleira de Cultura, María Outeiral; o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo; e o párroco de Lampón, Marcelino Sánchez.

Segundo indicaron, a cabalgata vai contar só con carrozas, o nacemento e as de cada un das Súas Maxestades, e en cada unha delas irán unicamente dúas persoas. Nesta ocasión non contará con máis comitiva nin participantes, pero si coa presenza dalgún grupo de musica. O percorrido sairá ás 17.00 horas de Lampón e chegará a Boiro pola rúa Principal e percorrerá a rúa peonil ata a praza da Boqueira de A Negral. Alí fará unha parada na carpa, para que de xeito controlado os nenos e nenas poidan recoller os seus caramelos.

De seguido, partirá de novo cara Escarabote, onde percorrerá a estrada xeral e chegará ao Centro Social para facer novamente parada e entregar caramelos.

“Malia a situación sanitaria non quixemos deixar aos nenos e nenas de Boiro sen esta cita tan especial, polo que pedimos moita responsabilidade para evitar as aglomeracións”, comentou a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Tamén lembraron que hai máis de 50 anos que a Comisión Parroquial Santiago de Lampón organiza esta cabalgata de Reis, unha cita coa que colabora o Concello de Boiro e que “é unha das mais importantes para a veciñanza, sobre todo para os nenos e nenas do municipio”, explicaron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.