A axenda de Nadal de Boiro inclúe contacontos, espectáculos de rúa, concertos e actividades para impulsar o comercio

02 Decembro 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Cultura, organizou para este Nadal que se aproxima unha completa axenda de actividades que poñen o foco nos máis pequenos e, tamén, en medidas que axuden ao comercio local a remontar o voo logo do longo período de pandemia e restricións. Sobre este punto, a axenda elaborouse en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios (ABE), xuntando forzas para tirar proveito positivo da frutífera confluencia entre comercio, cultura e Nadal. En última instancia, o obxectivo é achegar lecer, diversidade e creatividade, pero tamén fomentar as compras nos establecementos locais.

María Outeiral e Daniel García presentando as medidas conxuntas do Concello e a ABE para este Nadal

A concelleira de Cultura, María Outeiral, e o presidente da ABE, Daniel García, deron a coñecer as actividades que se van desenvolver en Boiro.

Como os últimos anos, o Concello de Boiro instalará unha carpa para o groso das actividades que este ano estará situada na praza de A Boqueira de A Negral baixo o nome de Carpa Solidaria. De feito, para entrar será preciso facer unha achega de alimentos perecedoiros que serán doados.

Respecto da axenda en si mesma, o departamento de Cultura deseñou un programa de actividades pensado para o público infantil durante as vacacións de Nadal que inclúen contacontos, teatro, espectáculos de rúa, animacións e xogos, concertos e festivais de Nadal con asociacións.

A concelleira de Cultura anunciou tamén a convocatoria dun campamento de conciliación de Nadal, para o que están as inscricións abertas, e que se organiza para crianzas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos co obxectivo de “facilitar ás familias un recurso de conciliación ofrecendo unha alternativa lúdica, formativa e integradora”, sinalou María Outeiral.

3.000 euros en premios

A ABE repartirá 3.000 euros en premios, unha cantidade que se incrementa un 33% respecto do ano anterior. O sistema que se vai empregar é o mesmo que na campaña de verán, mediante un rexistro de tíckets, e faranse 4 sorteos semanas de 500 euros (5 premios de 100 euros) e na última semana da campaña un sorteo de 1.000 euros para un único ganador. Nesta ocasión van participar 190 empresas asociadas e os tíckets de compra serán válidos para rexistrar dende o 4 de decembro ata o 9 de xaneiro.

Programación

• Actuacións e espectáculos

26 de decembro, 19.00 horas – Ganbdaina N+1

27 de decembro, 17.00 e 19.00 horas – Contos de Nadal Raquel Quizás

28 de decembro, 19.00 horas – Canta, baila, xoga Nacoes

• Espectáculos de rúa

23 de decembro – O apalpador e comitiva

29 de decembro, 19.00 horas – A raíña da neve Nacoes

• Festivais de Nadal (Casa da Cultura)

17 de decembro – Escola de Música

18 de decembro – Asociación Xilbarbeira

19 de decembro – Amas de Casa

• Xogos

27, 28, 29 e 30 – Escape Room

• Concertos

29 de decembro, 21.00 horas – The Cuncas

30 de decembro, 21.00 horas – concerto solidario

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.